Logo
Buscar
Adress:  Inicio / Guia básica cooperativa intercultural Armeria

Guía básica Cooperativa intrercultural Armeria



                                                      

 

¿Qué é Armeria?

 

Armeria pretende ser una cooperativa de usuarias/os, intercultural, sen ánimo de lucro pensada como un espacio de convivencia, cultura e traballo para tódalas persoas que conviven en Ferrolterra e Eume

 

A  cooperativa   realizará actividades  culturais para as socias/os  e o seu contorno   desenvolvendo os principios cooperativos  ( autoxestión, portas abertas,  democracia ,  e axuda mutua ) , así como promover o turismo responsable

 

Nestas actividades  empregaremos  xunto ao diñeiro corrente ( Euros )  diñeiro social. Buscaremos ferramentas financeiras éticas para desenvolver os proxectos e para mellorala calidade de vida das persoas socias.

 

Obxeto social

Promovelo intercambio  de produtos e servizos culturais - artesanía local,pintura, fotografía, música,  enseñanza - cultura e ocio, organización de eventos, emprego de novas tecnoloxías, comercio xusto e viaxes culturais-. fomentando o diñeiro solidario

Pretendemos potenciar o movemento cultural de Ferrolterra e estudiala posibilidade de activar xunto con tódolos axentes sociais e culturais do territorio un proceso de emprendemento colectivo

Entendemos a cultura como espazo propio de cidadanía

 

¿Por qué promovemos a creación dunha cooperativa cultural?

 

Amartya Sen: A variable principal da Economía non son tanto os bens como a capacidade persoal para transformar as opcións vitais en bens.

 

O DIÑEIRO SOCIAL é unha ferramenta que nos permite:

  • - Transformar as opcións vitais en bens con capacidade para entrar no mercado
  • - Incorporar como socio da cooperativa a calquera persoa interesada . Maximiza o principio de portas abertas

 

A democratización do acceso á cultura conta na cooperativa cunha ferramenta axeitada, tanto por deseño estructural como pola oportunidade que xera a agrupación de esforzos baixo un interese común"

Favorece a convivencia e a interculturalidade nas relacións cidadáns

Recoñecemento da dimensión económica da cultura. A cultura xera riqueza e desenvolvemento

Aínda que falamos de democratización dos hábitos culturais das persoas, as diferenzas de posición económico -cultural,e  territorial,  establecen diferencias no acceso ao equipamento e programas culturais. Mais, a diferenciación no consumo de cultura é mais profunda , xoga un papel importante os gustos e pautas de consumo transmitidas pola educación  

 

 

Para qué

 

Para facer que cousas e con que obxectivos ?

Os fins que establecemos seguindo estes criterios serían:

1.- Promovelo turismo alternativo e viaxes culturais

2.-  Integración sociolaboral de inmigrantes, xóves e calquera colectivo desfavorecido 

3.- A prestación de servizos de calidade, esto  implicará desenvolver un modelo de calidade cooperativo para turismo alternativo, organización de eventos e comercio, orientado a satisfacer de forma equilibrada as expectativas de  socias/os e usuarias/os non socios, así como ao conxunto da comunidade

3.-Pretendemos potenciar o movemento cultural e activar xunto con tódolos axentes sociais e culturais do territorio un proceso de emprendemento colectivo que  converta  o local da cooperativa nun espazo  aberto a cultura e a integración social.

4.-  Promovelo codesenvolvemento

5.- Posta en marcha dunha " Tenda de  comercio xusto e servizos culturais l" para comercializar e reciclar bens e servizos culturais utilizando no intercambio o Euro e unha moeda social 

6.-  Posta en valor dos talleres artesanais e talleres ocupacionais  . Pretendemos darlle unha saída de intercambio  aos productos artesanais elaborados nos talleres e comercializalos na Tenda da cooperativa .

7.- Desenvolvemento da actividade potenciando as existentes mediante talleres de perfeccionamento . Queremos facilitar  o proceso de transformar as opcións vitais e os sonos en bens e/ou servizos susceptibles  de intercambio .  Este proceso ten como obxectivo mellorala calidade pero tamén romper as barreiras de entrada á artesanía e obras de aficionados  ou artistas noveis ao mercado. Pensamos que o mecanismo ideal de intercambio é o diñeiro social

 

 

 

Onde

 

Pretendemos traballar de xeito descentralizado, na zona rural e na urbana,  asignando convenios cos  Concellos do Territorio  e entidades sociais para compartir  equipamentos e espazos de uso común  públicos e privados alí onde fose posible

 

Como

 

É  imprescindible:

  • Partir dun grupo de persoas interesadas en participar no proxecto e que compartan o obxecto social , os fins expostos anteriormente e os principios cooperativos ,
  • Reunilo capital social suficiente para iniciala actividade, ben mediante aportacións iniciais dos socios en moeda corrente ou en Moeda Social , cotas periódicas, así como outros recursos.
  • Temos que maximizar o numero de socios inicial para que a cota posterior sexa moi baixa e ao alcance de todos ( Se xuntamos 30 persoas como promotores a cota posterior será de 100€, se xuntamos 300 persoas a cota posterior será de 10 € ). Esta cota ao capital social farase so no momento de incorporación á cooperativa e poderá ser sustituida por diñeiro social
  • A cooperativa é unha empresa social sen ánimo de lucro . Os excedentes reinvertiranse na mellora da propia cooperativa, onde a propiedade e control é dos socios

 

 

 

 

 

 

 

 

Cando

 

Febreiro     2010

Marzo     2010

Abril 2010

Maio  2010

. Estatutos

. Contacto con persoas e entidades

. Elaboración da guía

. Estatutos

. Contacto con persoas e entidades

. Creación das seccións

.. Creación das seccións

. Acta de constitución

. Legalización cooperativa

 

 

 

A quen vai dirixido

A calquera persoa interesada en participar no proxecto e que comparta os principios cooperativos e da Economía social

Ás Asociacións de veciños, culturais xuvenís e calquera outra entidade sen ánimo de lucro

Achega  inicial .-  Podes facer unha achega  inicial en Euros  pero non é necesario , como alternativa podes apuntarte e participar nos talleres formativos ,  percibiras  unha paga en diñeiro solidario e con esto ser socia/o de pleno dereito

As entidades farán unha achega  inicial en Euros ou firmando un convenio de colaboración 

Os Concellos  e outras entidades públicas tamén poden ser socias e participar no Capital Social 

 

 

 

Que   vai facer  cada quen e política de remuneracións

 

Recursos humanos

Na primeira fase o traballo será remunerado con diñeiro social . Posteriormente a medida que medre a cooperativa e xere valor engadido coas actividades  poderemos crear emprego e aparecerá  a figura do socio/a traballador. Pensamos que na cooperativa crearanse de xeito paulatino postos de traballo tanto para a tenda como para  a coordinación e organización de actividades .

No desenvolvemento de actividades podemos colaborar con outras entidades e persoas : Asociacións, Cooperativas, autónomas etc.

Tanto no traballo remunerado con diñeiro social  como na creación de postos de traballo o proceso de selección de persoal basearase nos seguintes criterios:

  • Non existirá discriminación por razón de sexo, raza, nacionalidade etc. No proceso de contratación
  • Informarase a tódalas socias/os do traballo dispoñible remunerado con diñeiro social e as vacantes de persoal para a promoción interna
  • Estableceranse medidas que favorezan a introdución das mulleres naquelas categorias e actividades onde están subrepresentadas
  • Emprego do diñeiro social para retribuír tanto o traballo voluntario como outros produtos e servizos , sempre que os socios/as opten por esta fórmula .

 

Con qué 

- Cos recursos da propia cooperativa

- Compartindo equipamento e espazos públicos  ou doutras entidades

 

 

 

 

 

 

 

Seccións

 

                   A) TURISMO RESPONSABLE:

1.-Turismo comunitario 2.- Turismo solidario 3.- Ecoturismo rural 4.- Turismo alternativo  ( moeda social )

Neste sentido pon en marcha:

-Unha distribución  de turismo alternativo para os destinos de Eume- Ferrolterra, Jujuy  Patagonia e outros . A creación ou mellora de destinos de turismo comunitario ( Jujuy- Patagonia ).  A creación dun destino de turismo rural en Eume -Ferrolterra

 

B) ORGANIZACIÓN DE EVENTOS interculturais

Dentro dun local:  Talleres artesanais e artísticos. Talleres formativos en Economía social, turismo  responsable, comercio xusto. Mediación intercultural, apoio formativo a inmigrantes.  Sensibilización para a cooperación

  • Outras actividades : Promover que grupos artísticos veciñais, xuvenís de maiores etc. realicen presentacións en diferentes espazos e en diferentes disciplinas artísticas como teatro, danza, música, cine, etc. Elaborar axendas de grupos teatrais, musicais e artistas plásticos. Promover e comercializar a obra de xoves creadores e artistas ; con obras plásticas de valor estético e con impacto social. Conseguir recursos materiais para compartir entre os diferentes grupos e artistas de forma cooperativa. Conseguir recursos financeiros para desenvolver actividades
  • C) Sección de Comercio Xusto e Artesanía Local
  • Pretendemos crear canles comerciais innovadoras para promocionalo traballo das artesáns locais e establecer canles integrais (comercialización de productos, cultura, turismo ...) con territorios do Sur establecemento relacións éticas e respectuosas, con crecemento sostible

 

 

 

 

Socias /os

 

 

Persoas físicas Achegan mínima  ao capital social 30 € ou 6 trocos

( 6 horas traballo cooperativo ). A situación  óptima seria de 10 € ou 2 trocos

 

Entidades  Achega  ao capital social variable

 

 

Coas cotas aportadas crearemos  un micro banco solidario dentro da cooperativa

 

 

 

 

 

Micro Banco social de Armeria

 

 

Microcréditos para os proxectos emprendedores dos socios

Emprego do diñeiro social ( trocos ) nas achegas á cooperativa  e en determinadas actividades . Un troco equivale a unha hora de traballo

Potenciación de ferramentas financeiras solidarias: "grupos autofinanciados" É  unha forma de ter sempre un diñeiro dispoñible para comprar material escolar, enviar á familia para una urxencia ou pagar recibos

 

 

 

 

 

 





Ir ó comezo desta páxina ... Imprimir esta páxina ... Xerar un arquivo PDF desta páxina ...    Enviada por adminEnviada por admin